Praia de Las Conchas
Aparencia
Praia de Las Conchas | |
---|---|
Coordenadas: 29°16′30″N 13°30′57″O / 29.275086111111, -13.515858333333 | |
Características xerais | |
Localización | La Graciosa, Teguise, Canarias España |
Lonxitude | 610 m |
Largo medio | 80 m |
Grao de ocupación | Media |
Grao de urbanización | Illada |
Paseo marítimo | Non |
Características específicas | |
Tipo de area | Branca |
Aspectos medioambientais | |
Zona protexida | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Fácil a pé |
A praia de Las Conchas é unha praia virxe situada no noroeste da illa canaria de La Graciosa, na provincia das Palmas, España.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Con 610 m de lonxitude de fina area branca, é un dos recunchos máis visitados polos viaxeiros que buscan a tranquilidade e a beleza da paisaxe. Como está en pleno océano Atlántico, a ondada na praia adoita ser forte e algo perigosa e é recomendable extremar a precaución ao bañarse, xa que non hai ningún posto de socorrismo.
Acceso
[editar | editar a fonte]Atópase a un 5,2 km de distancia do principal núcleo de poboación da illa, Caleta de Sebo. Pódese chegar a ela camiñando, en bicicleta ou en taxi.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Situación da praia
-
Vista desde Montaña Bermeja
-
Vista da praia
-
Vista da praia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. "Guía de Playas: Las Conchas". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Las Conchas |